nigromancia

nigromancia

(

s f

Arte de invocar os defuntos para obter   por medio deles, o coñecemento das cousas futuras. Existen testemuños da práctica desta arte en Babilonia, en Grecia e en Roma e tamén foi practicada polos hebreos. Entre os primeiros cristiáns foi condenada, e atópanse trazos na Idade Media e no Renacemento. Aínda subsiste, esporádica e clandestinamente en África ecuatorial, nas Antillas e en Tíbet.