ninfálido -da
(< lat científico Nymphalis)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ninfálidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Lepidóptero da familia dos ninfálidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que inclúe bolboretas grandes, diúrnas, a miúdo moi vistosas. Presentan o primeiro par de patas máis ou menos atrofiado, son boas voadoras, algunhas delas migradoras, e de distribución cosmopolita. Divídense en varias subfamilias como a dos satirinos, de cores máis ben apagadas, voo irregular e eirugas con extremidade abdominal bífida, a dos ninfalinos, de cores e deseño máis espectacular, voo rápido, con algunhas eirugas de cores rechamantes (premonitorios da súa toxicidade) a dos libiteinos, de palpos moi longos, e a dos donainos, de distribución tropical, con bastantes especies migratorias. En Galicia están presentes algunhas especies dos xéneros Nymphalis, Vanessa, Polygonia, Euphydrias, Melitaea, Limenitis ou Charaxes, entre outros.