Niña, La

Niña, La

Corrente que se produce pola interacción do océano e a atmosfera, que se dá no Pacífico ecuatorial cada certos anos e que se caracteriza principalmente por presentar condicións da temperatura do mar máis frías do normal nunha extensa área, entre as costas de Sudamérica e Oceanía. Foron de especial intensidade catastrófica as correntes dos anos 1904-1905, 1908-1909, 1910-1911, 1916-1917, 1938-1939, 1950-1951, 1955-1956, 1973-1974, 1975-1976 e 1988-1989.