niño

niño

(

  1. s m

    Construción que fan a maioría dos paxaros para pór os ovos, chocalos e criar os pitos. Serve para manter a niñada xunta e que os ovos non se cisquen. Reduce as perdas caloríficas dos ovos durante a incubación e dos pitos nidícolas, e ofrécelles un refuxio seguro, ata que son quen de voar. Pódense construír directamente na terra, entre a vexetación, aboiando sobre a auga, escavando no solo ou na madeira, etc. Hai especies que constrúen niños comunitarios.

    Ex: Nesa árbore había un niño de xílgaro.

    Sinónimos: niñal, niñeiro, nío.
  2. s m
    1. Construción ou lugar resgardado onde algúns animais poñen os ovos e crían os pequenos, como as formigas, as abellas, certos peixes e algúns roedores.

      Ex: No burato do xardín había un niño de víboras.

      Sinónimos: nío.
    2. Construción ou lugar resgardado onde algúns animais habitan agrupados ou pasan a letarxia.

      Sinónimos: nío.
  3. s m

    ivenda en que habita unha familia.

    Ex: Aínda que non se leva ben cos irmáns todas as noites regresa ao niño.

    Sinónimos: nío.
  4. s m

    Lugar onde se realiza unha actividade que se debe manter oculta ou que non é lícita.

    Sinónimos: nío.
  5. s m

    Lugar onde hai un grupo ou un número relativamente grande de persoas ou cousas temibles e perigosas.

    Sinónimos: nío.
  6. s m

    Lugar onde se amorean e agochan cousas.

    Sinónimos: nío.
  7. s m [BÉL]

    Lugar, máis ou menos fortificado, que ocupa no despregamento, ofensivo e defensivo, unha arma colectiva.

    Sinónimos: nío.
  8. niño de abella
    1. [XEOG]

      Ocos que se forman no granito debido á disolución ou disgregación dos seus compoñentes.

    2. Tipo de estrutura constituída por retículas hexagonais, semellante á dos niños de abellas.

  9. niño de andoriña

    Construción de cría do cirrio salangana que realizan enteiramente con cuspe. Algúns pobos asiáticos recoléctanos para a elaboración de sopas.

  10. niño de metralladoras [BÉL]

    Asentamento de metralladoras.

  11. s m niño de paxaro [FUNGO]

    Boleto en forma de copa ou de niño, de cor escura e tomentoso por fóra, e de cor gris e estriado por dentro. Ao madurar, quedan a vista unhas estruturas, peridíolos, en forma de pequenas lentellas, brancas ou grises, moi lisas e unidas á copa. O conxunto semella un niño de paxaro con ovos. Non é prezado gastronomicamente. Medra nos bosques, sobre restos de madeira vella e follas.