Niño, El
Corrente que se produce pola introdución de auga anormalmente quente e que se inicia no Pacífico tropical e inhibe o ascenso á superficie das augas frías e altera a distribución da precipitación. Produce un quentamento da masa de auga superficial, unha redución da salinidade e unha carencia de nutrientes, o que provoca un gran descenso dos caladoiros. Ademais, provoca o aumento da evaporación, dando orixe a chuvias torrenciais e inundacións nas costas americanas, mentres que en Australia e África ecuatorial se reducen as precipitacións. Isto provoca unha gran perda económica, tanto polo descenso da pesca como polas inundacións. O fenómeno comeza ao inicio do verán austral (en Nadal, de aí o seu nome) e é de frecuencia irregular no tempo, podendo repetirse cada 2 e 7 anos. Foron de especial intensidade catastrófica as correntes dos anos 1912-1913, 1923-1925, 1964-1966, 1982-1984 e 1993-1994. A flutuación na presión do aire, e o vento do Pacífico meridional, fan que o fenómeno se coñeza como Oscilación Meridional de El Niño (ENSO).