Níobe

Níobe
[MIT]

Filla do rei lidio Tántalo e esposa de Anfión, co que tivo sete fillos e sete fillas. Orgullosa da súa numerosa prole, críase superior a Leto, que só era nai de Apolo e Artemisa, e esta fixo que os seus fillos matasen aos de Níobe na súa presenza. Só sobreviviron un home e unha muller, e Níobe fuxiu co seu pai ao monte Sípilo, onde os deuses a transformaron nunha rocha.