nítrico -ca

nítrico -ca

(< nitr- + -ico)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase aos compostos de nitróxeno en que este ten unha valencia máis alta ca nos nitrosos.

  2. ácido nítrico [QUÍM]

    Oxiácido máis estable e importante do nitróxeno. Pode estar concentrado, cunha concentración próxima ao 65%, ou en estado puro, cunha concentración próxima ao 100%. Cando se atopa en estado puro denomínase ácido nítrico fumegante, porque contén en disolución NO2, e solta N2O5, porque forma fumes brancos coa humidade atmosférica, segundo a ecuación de disociación 2HNO3 DN2O5 + H2O. As súas características máis importantes son a de ser un axente oxidante forte, a causa da súa facilidade de disociación en osíxeno e peróxido de nitróxeno, e a de ser un ácido forte. Reacciona con substancias orgánicas e dá nitratos ou nitroderivados, con todos os metais (agás co ouro, o platino e algún outro) que dan o nitrato correspondente e óxido nítrico e oxida o xofre a ácido sulfúrico. O ácido nítrico xa o empregaban os alquimistas no s XIII para refinar os metais preciosos e foi Geber quen o menciona e o obtén por primeira vez no s VIII. En 1776 A. L. Lavoisier fixo a análise e, en 1784, H. Cavendish sintetizouno pola acción da faísca eléctrica. O seu procedemento de fabricación é a oxidación catalítica do amoníaco (procedemento Ostwald):


    FORMULA


          
    e as súas aplicacións máis importantes son a fabricación de fertilizantes (sobre todo nitrato amónico), de explosivos, de plásticos, de colorantes, de lacas e de nitroderivados.

  3. éster nítrico [QUÍM]

    Cada un dos produtos de esterificación dos alcohois polo ácido nítrico. Os ésteres nítricos dos polialcohois, como tamén os da celulosa, empréganse acotío como explosivos e os monoésteres, de fórmula xeral:


    obtéñense pola acción dunha mestura sulfonítrica sobre os alcohois, segundo a
                                                       H 2 SO 4
    reacción ROH + HNO 3 EqD RONO 2 + +H 2 O.

  4. óxido nítrico [QUÍM]

    monóxido de nitróxeno.

Palabras veciñas

nitrato | nitrazepam | nitri- | nítrico -ca | nitrífero -ra | nitrificábel | nitrificable