nitrito

nitrito

(< nitr- + -ito)

s m [QUÍM]

Calquera sal ou éster do ácido nitroso. Os dous nitritos máis importantes son o nitrito de potasio, que se emprega na industria alimentaria como aditivo, e o nitrito de sodio, que se emprega en química orgánica na diazotación das aminas. O complexo máis coñecido é o cobaltinitrito de sodio, Na3[Co(NO2)6], que é un reactivo do potasio, do rubidio, do cesio e do talio. Engadido directamente a derivados cárnicos, combínase coa mioglobina e forma nitrosomioglobina, que por acción da calor dá un derivado encarnado estable. En doses excesivas tórnase tóxico.

Palabras veciñas

nitrificante | nitrificar | nitrilo | nitrito | nitro | nitro- | nitroalcano