nitroderivado

nitroderivado

(

s m [QUÍM]

Composto orgánico que contén na súa molécula un ou máis grupos nitro -NO2, cuxo átomo de nitróxeno vai directamente unido ao átomo de carbono. Pódese clasificar en primario, secundario e terciario, segundo o grupo funcional estea unido a un carbono primario, secundario ou terciario, respectivamente. Numerosos nitroderivados empréganse como disolventes, explosivos (TNT), colorantes, perfumes e reactivos analíticos.

Sinónimos