nitroglicerina
nitroglicerina
(
s
f
[QUÍM/IND]
Éster trinítrico da glicerina que se obtén por reacción dunha mestura de ácido nítrico e de ácido sulfúrico sobre a glicerina. É o explosivo máis común pero, por mor da súa sensibilidade ao choque, emprégase máis ben sempre mesturada con outras substancias, como no caso da dinamita, que a fai menos perigosa na manipulación e no transporte. A nitroglicerina, descuberta por Ascano Sobrero en 1846, emprégase tamén na composición de propergois sólidos usados para a propulsión de foguetes, e como vasodilatador, en doses de 0,2 a 0,6 mg, en aplicación sublingual, e de forma específica na anxina de peito.