NMN
NMN
Nome científico:
[mononucleótido nicotinamida: C<sub> 11</sub> H<sub> 15</sub> N<sub> 2</sub> O<sub> 8</sub> P]
[BIOQ]
Composto formado por nicotinamida unida, mediante un enlace β-N-glicosídico, na posición 1’ da D-ribosa e fosforilado en posición 5’. É un precursor do NAD e a súa síntese enzimática dáse a partir dos eritrocitos e de hemolizados humanos.