Noalla, ponte
Noalla, ponte
Construción situada sobre o río Barbaña en Noalla (San Cibrao das Viñas). Datada nos ss XIII-XIV, trátase dunha ponte de cantaría e cachotaría, con arco de medio punto, dous vans e rasante alombada. Atópase no antigo camiño de Castela a Ourense.