Noel/Noelia
Noel/Noelia
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no francés Noël, do latín Natale ‘día de Nadal’ ou ‘día do nacemento’. A forma masculina evoca hoxe o nome do personaxe Papá Noel, versión noutras culturas dos Reis Magos. A súa festividade celébrase o 25 de decembro, día de Nadal.