Noemí
Noemí
[ONOM]
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome persoal hebreo No’omi, que probablemente significaba ‘a miña ledicia’ ou ‘Deus é ledicia, Deus é amor’, derivado do substantivo común no’am ‘alegría, ledicia’. O nome pasou ao grego como Noemín e ao latín como Noemi. Presenta a variante Noemia. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.