Noite de San Bertomeu

Noite de San Bertomeu

Matanza de hugonotes que tivo lugar en París en 1572, a noite do 23 ao 24 de agosto, festividade de san Bertomeu. Actuou a plebe parisiense, fanaticamente católica, guiada polos homes do duque de Guise. Carlos IX de Francia ordenou a matanza de acordo con Catarina de Medici e cos Guise, e foi o pretexto para un complot protestante. Supuxo o reinicio da guerra entre católicos e hugonotes.

Palabras veciñas

noitada | noitarega | noite | Noite de San Bertomeu | 1 noiteboa | 2 noiteboa | noitebra