nona

nona

(

  1. s f
    1. [CRON]

      División romana do día, correspondente ás tres da tarde.

    2. [RELIX]

      Hora menor do oficio divino que corresponde á hora romana homónima.

    1. s f pl

      Sétimo día de marzo, maio, xullo e outubro e quinto dos restantes meses no calendario romano.

    2. nonas caprotinas [RELIX]

      Festividades femininas da fecundidade na Roma antiga. Eran propias das doncelas e celebrábanse o 7 de xullo baixo unha figueira brava.

  2. s f [LIT]

    Estrofa de nove versos.