norteatlántido -da

norteatlántido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente á subraza norteatlántida ou aos seus representantes.

  2. s [ANTROP/FISIO]

    Individuo da subraza norteatlántida.

  3. subraza norteatlántida [ANTROP/FISIO]

    Subraza que pertence á raza amerindia, de estatura elevada e tendencia á mesocefalia. Ocupaba a zona comprendida entre as Montañas Rochosas ata a costa atlántica. Comprende grupos étnicos como os síux, os mohicanos ou os cheyennes, actualmente case extintos.

Palabras veciñas

norteafricano -na | norteamericano -na | nortear | norteatlántido -da | norteeuropeo -a | norteirlandés -sa | nortello