nosopai

nosopai

(

s m [RELIX]

Pregaria principal do cristián, que comeza coas palabras ‘Noso Pai’, ensinada polo propio Xesús. Estrutúrase en peticións. As primeiras interésanse polas cousas de Deus, e son unha glorificación deste. As restantes solicitan a axuda divina para a humanidade e interésanse polas nosas cousas: o pan que nos alimenta, o perdón, e non caer na tentación. Algunhas tradicións litúrxicas engadíronlle a doxoloxía (‘porque son vosos por sempre o reino, o poder e a gloria’) que pasou a formar parte de moitos manuscritos dos Evanxeos. Forma parte do oficio de laudes e vésperas tal como declarou o Sínodo de Girona de 517 ou como o prescribe a regra de San Bieito.