Nove-Dous, Compañía Teatral
Nove-Dous, Compañía Teatral
[ESPECT]
Compañía teatral que crearon en 1996 no Carballiño a actriz Josi Lage e o actor Jouse García. O colectivo desenvolve un importante traballo de animación teatral en colexios e asociacións culturais da comarca do Carballiño. En 1997 presentaron o primeiro espectáculo Sobre o dano que fai o tabaco, que está baseado no texto de Antón Čekhov, e que o dirixiu Xesús Ron. Tamén estrearon Crimes anónimos (1999), sobre textos de Max Aub, con dirección de Roberto Cerdá, Rexurdimento. Coplas de cego (2000), con texto e dirección de Afonso Becerra, O porqué das cousas (2003), de Quim Monzó, e Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas (2004), de Rodrigo García, dirixidas ambas as dúas por Roberto Cerdá.