novobiocina
novobiocina
s
f
[MED]
Antibiótico por vía oral que se obtén a partir de cultivos de Streptomyces spheroides. É activo contra as Gram-positivas, especialmente contra os estafilococos, e actúa inhibindo a replicación cromosómica das bacterias. Emprégase no tratamento de infeccións causadas por xermes contra os que outros antibióticos non son efectivos.