nubrado -da

nubrado -da

(< nubrar)

  1. p reg

    de nubrar ou nubrarse.

  2. adx

    Que está cuberto de nubes.

    Ex: O día estaba nubrado e non puidemos ir á praia.

  3. adx [METEOR]

    Que presenta unha nebulosidade maior dunha octa e menor de sete octas.

  4. adx

    Que non está claro e que leva a confusión.

  5. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase á peza en que os seus bordos exteriores están torcidos imitando as nubes, de maneira que as dun perfil ocupan os espazos baleiros do outro.

    2. Aplícase á peza que está dividida ao longo en dúas partes iguais por un obxecto en forma de nube con esmaltes diferentes.

    3. Aplícase á partición coa liña divisoria que está torcida en forma de nubes.

Palabras veciñas

nubio -bia | nublar | nuboeiro | nubrado -da | nubrar | nubre | nubro -bra