nucléolo
nucléolo
(
s
m
[BIOL]
Corpúsculo pequeno esferoidal que se encontra no interior do núcleo da célula. Atópase en todas as células con núcleo, e no microscopio electrónico vese formado por fibrilas irregulares ou por masas homoxéneas. O líquido nucleoplasmático penetra no seu interior, e crese que ten relación coa síntese dos ribosomas.