Numen

Numen
[PUBLIC]

Revista quincenal publicada en Vigo a partir do 1 de outubro de 1943. Saíron dous números. Dirixida por Xulio Sigüenza Raimúndez, foi unha das principais revistas literarias da posguerra. Aparecida coa pretensión de divulgar a poesía e os estudos poéticos na sociedade, incluíu composicións en galego de distintos movementos artísticos de vangarda, aínda que tamén houbo espazo para a poesía latinoamericana e a estranxeira, a crítica literaria, as recensións e as biografías. Dos seus colaboradores cómpre salientar os irmáns Emilio e Xosé Mª Álvarez Blázquez e Enrique Romero Archidona. Incluíu algunhas ilustracións   de Urbano Lugrís e Ánxel Johán, e composicións poéticas de Ánxel Fole, Xosé Díaz Jácome e Luís Pimentel.

Palabras veciñas

numantino -na | Numazu | nume | Numen | Numenius | numerábel | numerabilidade