Números

Números
[RELIX]

Cuarto libro do Pentateuco. Nos primeiros capítulos presenta a organización das Doce Tribos de Israel ao volver do tabernáculo. Recibe esta denominación por presentar este censo ou numeración de israelitas. É o final do grupo de escritos sacerdotais (s VI a C) que describen o culto israelita durante o ano que pasaron ao pé do Sinaí e finaliza coa chegada ás chairas de Moab, preto da Terra Prometida.