Núñez, Viuda de
Núñez, Viuda de
Obradoiro tipográfico que funcionou en Santiago de Compostela a partir de 1854. Tras o pasamento de Ramón Núñez Espinosa, a súa viúva fíxose cargo do negocio. Dela saíron, entre outras, a reimpresión de Composiciones fúnebres, do doutor Turnes Maldonado (1854).