3 o, a
3 o, a
(< lat ĭllu, ĭlla)
pron pers
Forma de pronome persoal átono, de terceira persoa, que funciona como acusativo e que se emprega no lugar dun substantivo, un pronome, unha oración ou un enunciado que acaba de ser expresado ou que se vai expresar (compraches o coche? -Aínda non o comprei). OBS: Presenta variantes morfolóxicas condicionadas polo contexto: as segundas formas (lo(s), la(s)) e as terceiras formas (no(s), na(s)). As segundas formas úsanse cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o participio) ou pronominal rematada en -s ou -n (comes/cómelo, comer/comelo) e tras o adverbio u (ulo?). As terceiras formas úsanse tras formas verbais que rematan en ditongo (deixouna, deuno, gardounos na carteira). E as primeiras formas o(s), a(s)