O

O
  1. Símbolo de oeste. OBS: ;Tamén se emprega W.

  2. [QUÍM]

    Símbolo do osíxeno.

  3. [FÍS]

    Letra que se emprega en espectrometría de raios X para designar os niveis enerxéticos aos que corresponde un número cuántico principal igual a 5.

  4. antífonas da O [RELIX]

    Cantos, coñecidos no Breviario romano como antífonas maiores, que no oficio de vésperas, acompañan o canto do magnificado do 17 ao 23 de decembro e que comezan todas coa interxección O!: O Sapientia, O Adonai, O Radix Jesse, O Clavis David, O Oriens, O Rex Gentium e O Emmanuel.

  5. órbita O [FÍS/QUÍM]

    Quinta órbita de electróns que rodean o núcleo dun átomo.

Palabras veciñas

N’Gounié-Nyanga | N’zerékoré | 1 ó | O | 1 o | O | O