Olinto

Olinto

Antiga cidade grega situada na península Calcídica. Habitábana unhas tribos grecotracias que foron expulsadas na época da invasión persa de Grecia (480? a C), e os gregos da Calcídica repoboárona. Formou parte da Liga Delio-ática ata que se rebelou contra Atenas e interveu na Guerra do Peloponeso do lado de Esparta. Autónoma a partir do 421 a C, os macedonios ocupárona e destruírona en 348 a C.