Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial

Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial
Nome científico: [ONUDI; ingl: United Nations Industrial Development Organization, UNIDO]

Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.