Oaxaca

Oaxaca

Estado do S de México, situado na costa do Océano Pacífico, que se estende en parte pola zona do istmo de Tehuantepec (93.952 km2, 3.438.765 h [2000]). A súa capital é Oaxaca de Juárez. A maioría da poboación é rural e a economía é agrícola e mineira. A industria concéntrase na capital e destaca a elaboración de tabaco, fariña, aceites vexetais, azucre, fiados e tecidos. Na época precolombina o territorio disputárono os zapotecas, mixtecas e aztecas. Francisco de Orozco iniciou en 1521, desde México, diversas campañas contra os mixtecas, que someteu Hernán Cortés. Aínda así os indios rebeláronse diversas veces contra a administración colonial. En 1812 ocupouna José María Morelos. Participou activamente na loita pola independencia mexicana, e converteuse en estado libre en 1823.

Palabras veciñas

oasis | Oates, Joyce Carol | Oates, Titus | Oaxaca | Oaxaca de Juárez | ob- | oba