óboe
óboe
(< fr hautbois)
-
s
m
[MÚS]
Instrumento aerófono do grupo dos de lingüeta, que consiste nun tubo estreito duns 60 cm, provisto de buratos e claves, de forma lixeiramente cónica, con lingüeta dobre na embocadura. Atinxe tres oitavas da escala cromática. Son numerosos os instrumentos antigos que poden considerarse un predecesor do óboe. O instrumento actual orixinouse cara ao s XVII, e del deriváronse tamén un gran número de instrumentos, como o denominado corno inglés. Desde o s XVII figurou na orquestra. Así, compositores como Vivaldi, Bach e Händel escribiron concertos para óboe, que é tamén un instrumento destacado na música de cámara.
-
s
oboísta.