obsolescencia

obsolescencia

(< lat obsolescentĭa)

  1. s f

    Calidade de obsoleto.

  2. s f [ECON]

    Depreciación dos bens de equipo como consecuencia do progreso técnico, materializado na superación dos mesmos equipos ou nunha innovación vantaxosa na organización do proceso global de produción pola utilización de novos medios. Este envellecemento relativo obriga ás empresas a afrontar a competencia do mercado e a substituír o equipo antes do termo de amortización natural.

Palabras veciñas

obsidiana | obsidional | obsignador | obsolescencia | obsoleto -ta | obstaculizar | obstáculo