obstrución

obstrución

(

  1. s f

    Acción e efecto de obstruír ou obstruírse.

  2. s f [POLÍT]

    Táctica empregada nun tribunal, nunha asemblea ou no parlamento para retardar, dificultar ou impedir a toma de acordos.

  3. [PAT]
    1. s f

      Peche ou dificultade de paso dun conduto orgánico causada polas substancias acumuladas no seu interior.

    2. obstrución intestinal

      íleo.

  4. s f [DEP]

    Falta que se produce cando un xogador impide a acción dun contrario.

  5. s f [BÉL]

    Obstáculos postos para impedir ou facer retardar o avance dos inimigos, como poden ser minas, zonas contaminadas, destrucións ou incendios.

Palabras veciñas

obstinación | obstinado -da | obstinar | obstrución | obstrucionismo | obstrucionista | obstruír