ocarina

ocarina

(< ital ocarina)

s f [MÚS]

Instrumento aerófono, xeralmente de terra cocida en forma oval irregular, que posúe un número variable de buratos. Produce un son afrautado que se obtén soprando por unha embocadura en forma de bico. Emprégase habitualmente na música folclórica de distintos países, especialmente americanos. En Galicia tamén a utilizan distintos grupos de música folk para acompañar partes das súas pezas. O tamaño é variado. As máis pequenas, chamadas coloquialmente asubíos, posúen entre cinco e seis furados, e as máis grandes entre oito e dez. Este instrumento permite tamén distintas afinacións, aínda que a máis empregada é a de do.