ocular

ocular

(

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao ollo.

    2. Que se percibe ou se realiza a través dos ollos.

      Ex: Unha inspección ocular non basta para valorar os danos.

    3. Que estivo presente nos feitos dos que se trata.

      Ex: A testemuña ocular negou que houbera tres persoas.

  2. s m [FÍS]

    Lente ou sistema de lentes dun instrumento óptico que está situado no lugar onde o observador aplica o ollo e que serve para aumentar a imaxe producida polo obxectivo. O ocular constituído por un sistema de lentes denomínase positivo ou negativo, dependendo de se o plano focal do sistema está situado, respectivamente, entre as lentes do sistema ou non. Os instrumentos que constan dun ocular son os anteollos astronómicos, o telescopio e o microscopio. O ocular máis simple é unha lupa ordinaria. Son moi coñecidos o ocular de Huygens e o ocular de Ramsden, formados por dúas lentes planoconvexas. Existen tamén oculares moi complexos, constituídos por moitas lentes.

Palabras veciñas

óctuplo -pla | OCU | ocul(i/o)- | ocular | oculi- | oculiforme | oculista