ocupante
ocupante
(< lat occupante, p pres de occupāre)
-
adx e s
Que ou quen ocupa un territorio ou un país.
Ex: As tropas ocupantes fixéronse co control do país en menos dunha semana. Os ocupantes foron expulsados tras a chegada das tropas aliadas.
-
s
Persoa que ocupa un sitio ou un lugar determinado.
Ex: Os ocupantes foron desaloxados pola policía.