oficial
(< lat officiāle)
-
adx
-
Que ten validez e carácter formal porque provén dunha autoridade ou goberno.
Ex: O ministro fíxome unha carta oficial para que puidera entrar naquel museo sen pagar.
-
Que é algo recoñecido ou aprobado pola persoa que ten autoridade para facelo.
Ex: O seu noivado xa é oficial. Os resultados do estudo aínda non son oficiais.
-
-
adx
Que non é privado ou particular porque pertence a unha autoridade ou goberno.
Ex: O alcalde da túa vila chegou no seu coche oficial á cerimonia. Traballa nun centro oficial de ensino.
-
s
-
Persoa que nun oficio manual rematou a súa aprendizaxe e aínda non é mestre.
-
Grao intermedio entre aprendiz e mestre, na organización gremial.
-
-
-
s
[MAR]
Persoa que na mariña mercante exerce, a bordo dunha embarcación, un cargo técnico que esixe unha titulación superior. Distínguense os oficiais técnicos marítimos (capitán, oficiais de ponte ou de derrota, oficiais de máquinas e oficiais de radiotelegrafía) e os oficiais técnicos de servizos especiais (os sobrecargos e os médicos).
-
s
[BÉL]
Persoa que na milicia ten o grao de alférez, tenente ou capitán ou os similares da armada.
-
s
[BÉL]
Militar con graduación entre alférez e capitán xeneral.
-
s
[BÉL]
Titular que ten un grao superior ao de simple cabaleiro, na xerarquía de certas ordes cabaleirescas.
-
oficial de armas /HERÁLD
[HIST/HERÁLD]
Cada un dos tres expertos na ciencia heráldica: o rei de armas, o heraldo e o persevante.
-
oficial de carreira
[BÉL]
Persoa que obtén a graduación inicial como oficial nunha academia militar.
-
oficial de complemento
[BÉL]
Persoa que obtén a graduación de oficial despois de efectuar uns breves cursos e co obxectivo de prestar servizos de subalterno durante un tempo determinado e tamén en caso de mobilización.
-
oficial da administración de xustiza
[DER]
Funcionario que na administración de xustiza, auxilia na tramitación dos asuntos, efectúa os actos de comunicación atribuídos por lei e substitúe o secretario.
-
oficial de sala
[DER]
Auxiliar dos tribunais de xustiza, de grao xerárquico inferior ao de secretario.
-
oficial xeneral
[BÉL]
Persoa que obtén o grao de xeneral de brigada e superiores.
-
s
Persoa que exerce un oficio ou cargo, especialmente baixo as ordes ou en representación dun superior.
-
s
[MAR]