ofrenda

ofrenda

(< lat offerenda)

  1. s f

    Aquilo que se ofrece a alguén.

  2. s f [RELIX]
    1. Don ou servizo que se ofrece á divindade ou a un santo por expiación ou en sinal de adoración.

      Sinónimos: oferta.
    2. Pan e viño da Eucaristía, presentados polos fieis no momento do ofertorio (tradición romana) ou ao comezo da misa (tradición oriental).

      Sinónimos: oferta.
    3. Conxunto de obxectos ou esmolas que se presentan e se dan ao sacerdote como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.

      Sinónimos: oferta.
  3. s f [HIST]

    Esmola en especie ou en metálico que, dada a pouca frecuencia da comuñón dos fieis na Idade Media, substituía a ofrenda da materia eucarística.