oftalmoloxía
oftalmoloxía
(< oftalmo- + -loxía)
s
f
[MED]
Rama da medicina que trata do ollo e das súas enfermidades. As referencias á patoloxía ocular ocupan un lugar importante na medicina árabe, pero o impulso máis grande deuse no s XIX, coa introdución do oftalmoscopio e coa obra do cirurxián Von Graefe e cos estudos fisiopatolóxicos de Donders.