1 ola

1 ola

(

  1. s f

    Recipiente redondo de metal ou de barro, máis alto ca largo, que se usa para cociñar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ola sen sal, date de conta que non tes xantar. Non hai ola tan fea que non tope a súa tapadeira. Ola que moito ferve, sazón perde. Ola de moitos nunca ben coce.”

  2. s f

    asilla con asas, xeralmente de barro, que ten a boca e o fondo estreitos e a barriga ancha, que s e utiliza sobre todo para carrexar auga, conservar os chourizos e mazar o leite. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada oleiro as súas olas gaba; e máis, se as ten crebadas”.

  3. s f [METROL]

    Medida de capacidade para líquidos que equivale a 16 litros.

    Sinónimos: cántara, cántaro.

Frases feitas

  • Moitas olas ao lume, e un garavanzo a cocer. Indica que unha cousa parece máis importante do que realmente é.

Formas incorrectas

hola!

Refráns

  • A cada ola, a súa tapadeira/ o seu testo.
  • A ola sen verdura non ten gracia nin fartura.
  • Cando roxe a cazola é sinal de encherola.
  • O tormento da cazola que tanto a desconsola: face-Io guisado, queimarse para guisalo e despois non comelo nin probalo.