Olaño

Olaño
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe galega.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en escudo mantelado, primeiro mantel, en campo de prata, unha cruz flordelisada, de goles, cargada con cinco vieiras, de ouro, unha en cada brazo, e outra no centro; segundo mantel, no centro, en campo de sinople, un año de prata botado sobre unha almofada, do mesmo metal; e terceiro mantel, en campo de prata, un león rampante, de goles.