oleodinámica

oleodinámica

(

s f [TECNOL]

Tecnoloxía da transmisión a distancia de esforzos considerables mediante a circulación, por un circuíto pechado e a presións elevadas, dun líquido, denominado impropiamente aceite, que se basea no principio de Pascal e na incomprensibilidade do líquido empregado. Presenta as vantaxes de ter grandes posibilidades de regulación da velocidade de transmisión e da intensidade da forza transmitida, de permitir a transmisión de esforzos a grandes distancias sen perdas e de producir movementos de gran precisión. Os conceptos físicos que interveñen na oleodinámica son o caudal, a presión e a densidade do líquido, a forza e a potencia hidráulica e os rendementos volumétricos e mecánicos. OBS: Tamén se denomina transmisión hidráulica.

Palabras veciñas

óleo | oleo- | oleocelose | oleodinámica | oleodinámico -ca | oleoduto | oleografía