olfacto

olfacto

(

  1. s m [FISIOL]

    Sentido formado por quimiorreceptores que permite detectar a presenza de substancias químicas volátiles no medio. Nos invertebrados non artrópodos e nas medusas, consta de pequenas depresións con pestanas recubertas por células epiteliais que comunican con fibras nerviosas e están por todo o corpo ou nos apéndices cefálicos. Nos artrópodos, radica nas antenas dos insectos, nas antenas e anténulas dos crustáceos, e nos pelos sensoriais nos arácnidos. Nos vertebrados consta dunha parella de fosas nasais; nos peixes está na superficie cefálica e envoltas interiormente por células sensoriais comunicadas co nervio olfactorio. Nos anfibios está moi desenvolvido e nos réptiles unha eminencia interna aumenta a superficie sensible, onde está ademais o órgano de Jacobson, no teito da cavidade bucal, con función olfactiva e gustativa simultaneamente. Nos paxaros está moi pouco desenvolvido e nos mamíferos as fosas nasais están separadas por un óso, o vómer. O home ten unha capacidade olfactiva inferior á doutros animais. A mucosa que tapiza a rexión olfactiva, a pituitaria, diferénciase en dúas zonas: unha moi irrigada polo sistema circulatorio para quentar o aire, e outra con moitas células sensoriais, que perciben o olor (pituitaria amarela).

  2. s m

    Capacidade de intuición para descubrir ou comprender aquilo que se mantén oculto ou que non está claro.

    Ex: Tiña un olfacto especial para os negocios.

Palabras veciñas

olfacción | olfactear | olfactivo -va | olfacto | olfactorio -ria | olfaión | olga