oligoclase
oligoclase
(< oligo- + clase)
s
f
[MINERAL]
Mineral da serie dos plaxioclasios que cristaliza no sistema triclínico, cunha composición química que oscila entre un 90-70% de albita e un 10-30% de anortita. O hábito é tabular e ten unha cor branca ou gris e existe unha variedade vermella que se debe a impurezas finas de hematita. Presenta brillo vítreo e a súa dureza é de 6 a 6,5 e a densidade de 2,64 -2,66. Aparece formando parte de rochas magmáticas ácidas e metamórficas de grao baixo ata medio.