oliveira
(< lat olivarĭa)
-
[PLANTA]
-
s
f
Árbore perennifolia, de 5 a 12 m de altura, que presenta tronco curto e groso, coa codia grisácea con moitas fisuras, follas coriáceas, elípticas, oblongo-lanceoladas, enteiras cun curto pecíolo de cor verde intensa na face e branquecino no envés, flores pequenas de cor branca, agrupadas en acios axilares e froito en drupa ovoide carnosa, primeiro verdes e despois negros, cunha soa semente. Os froitos, as olivas, son comestibles e proporcionan aceite. Florece entre abril e maio, alcanzando os froitos a súa madurez en outono. É unha árbore orixinaria de Asia oriental e naturalizada na rexión mediterránea, incluída a Península Ibérica. En Galicia é frecuente en moitos lugares, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, xa que se cultivou para a obtención de aceite. Ademais de polo seu froito, a oliveira ten interese pola súa madeira, moi apreciada na fabricación de mobles e de utensilios diversos, e polas súas follas con propiedades medicinais. Existe unha variedade silvestre, a oliveira brava (O. europaea var.
-
oliveira australiana [cast: acacia de madera negra] [Acacia melanoxylon, Fam das fabáceas]
Árbore perennifolia, de ata 15 m de altura, que presenta follas de dous tipos, unhas de cor verde e bipinnadas, presentes fundamentalmente nos exemplares novos, e uns filodios elípticos e oblongos ou lanceolados, inflorescencias en acios axilares, capítulos globosos de cor clara e froito en legume. Florece entre marzo e maio. É orixinaria de Australia e na Península Ibérica pode aparecer cultivada en xardíns da zona litoral e en plantacións para produción de madeira en Galicia.
-
s
f
-
s
f
Madeira desta árbore.