ollo
(
-
Colectivo creado en 1983 co obxectivo de favorecer a renovación pedagóxica da escola galega, contribuír á normalización lingüística no ensino e galeguizar os contidos educativos mediante a preparación de materiais específicos. Dentro dos traballos desenvolvidos por este colectivo, cómpre destacar a presentación no Museo de Pontevedra dos audiovisuais Losada Diéguez (1985), Castelao (1986) e Rosalía de Castro (1988), a organización de seminarios sobre lingua e literatura galega e a publicación de varias unidades didácticas dentro da colección Festas na Escola (O magosto, O nadal, O entroido, Os maios e O San Xoán).
-
[ZOOL]
-
s
m
Órgano fotorreceptor dos animais capaz de formar imaxes do obxecto emisor ou reflector de luz. Hai dous tipos de ollos: os ollos compostos e os ollos unitarios, propios dos cefalópodos e dos vertebrados. Os ollos compostos constan dun certo número de unidades visuais, chamados omatidios, separados por pigmento. A imaxe do ollo composto pode formarse por xustaposición, de maneira que cada omatidio só recibe a imaxe dun anaco moi pequeno do campo visual, e a imaxe total resulta da unión de todas as imaxes parciais dadas por cada omatidio, ou por superposición, cando cada omatidio capta a imaxe de todo o campo visual, e así a imaxe total resulta da superposición das imaxes de cada omatidio. Os crustáceos e os insectos nocturnos forman imaxes por superposición, mentres que os diúrnos fano por xustaposición. Os ollos unitarios dos vertebrados constan basicamente duns dispositivos de enfoque formados por unha lente, chamada cristalino, unha membrana transparente, a córnea, e uns medios acuosos dióptricos. Todos estes dispositivos fan que a luz, despois de atravesar unha capa de neuronas sensitivas, incida sobre unha capa de células fotosensibles, a retina, onde se forma a imaxe. Esta imaxe é transmitida por impulsos eléctricos á capa de neuronas sensitivas, que posúen uns axóns que forman o nervio óptico, que vai aos centros de interpretación visual. A retina ten dous tipos de células, os conos e os bastóns; as primeiras necesitan unha alta intensidade da luz, cousa pola que son útiles durante o día e permiten a visión das cores, e as segundas, aptas para a visión con pouca luz, son utilizadas preferentemente cando hai pouca claridade e só detectan o branco, o negro e os diversos tons de gris. Tamén hai un corpo ciliar, formado por un músculo que fai variar a curvatura do cristalino segundo a distancia á que está o obxecto, aínda que nos peixes este corpo é substituído por un músculo que fai que o cristalino avance ou recúe dentro da cámara do ollo. Á parte, hai un diafragma muscular, o iris, que fai que entre máis ou menos claridade, e uns órganos accesorios, sobre todo nos vertebrados terrestres, como por exemplo as pálpebras, as glándulas lacrimais e mesmo as cellas, que protexen o ollo e evitan que seque. O ollo dos cefalópodos é moi semellante ao ollo dos vertebrados, pero é de visión directa, é dicir, a luz que incide na retina faino sen atravesar a capa de neuronas sensitivas, xa que estas están situadas por debaixo da retina.
-
s
m
Parte exterior do globo ocular, en particular o iris. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo. O amigo que non é de certo, cun ollo pechado e outro aberto. A ausencia apaga o amor: lonxe dos ollos, lonxe do corazón. Vemos a palla no ollo doutro e non vemos a viga no noso. Ves no ollo do veciño a palla e non ves no teu a tranca. Un ollo no gato e outro no prato. O cabalo regalado cólleo cos ollos pechados.”
Ex: Ten os ollos verdes.
-
ollo simple
ocelo.
-
s
m
-
s
m
Acción de mirar.
Ex: Bótalle un ollo á nena antes de marchar.
Sinónimos: ollada. -
s
m
-
Burato, xeralmente cilíndrico, que atravesa unha cousa e que habitualmente ten por obxecto acoplar nel outra peza ou polo que algunhas veces se introduce ou pasa algo cunha finalidade determinada.
Ex: Sen lentes non vía o ollo da agulla. Espreitou polo ollo da fechadura.
-
Buraco na roda do muíño polo que cae o gran.
-
-
s
m
Cada un dos espazos ocos formados baixo o arco dunha ponte.
-
s
m
Pequena cavidade que se forma nunha masa.
Ex: Comemos un queixo dos da casa, con moitos ollos.
-
s
m
Pequena gota de graxa ou aceite que se forma nun líquido cando non é capaz de disolverse.
Ex: Tes que mesturar o aceite con coidado para que non se che formen ollos
-
s
m
Mancha circular de cores que o pavo real presenta en cada unha das extremidades das plumas da cola.
-
s
m
-
Xema das patacas sen xermolar.
-
Gromo por onde a planta medra.
-
-
s
m
Porción interior de certas hortalizas, que é a parte máis tenra e compacta.
Ex: Vou coller un ollo de repolo para facer a cea.
-
s
m
[GRÁF]
-
Parte superior do tipo de imprenta que reproduce en relevo a letra ou o signo correspondente.
-
Altura que sobresae o relevo da letra ou do signo do tipo de imprenta.
-
-
s
m
-
Coidado ou atención especial que se pon en algo.
Ex: Ollo coas faltas de ortografía porque baixarán a nota.
-
Nota á marxe dun escrito para chamar a atención do lector sobre algún punto.
-
-
-
s
m
Capacidade innata de intuición para comprender ou apreciar as circuntancias que atinxen un asunto.
Ex: Non ten ollo ningún para tratar con ese tipo de xente.
-
ollo clínico/de médico
[MED]
Aptitude dun bo médico para facer diagnósticos rápidos e precisos.
-
s
m
-
ollo de boi
[CONSTR]
Fiestra de forma ovalada ou circular.
-
ollo de boi
[PLANTA]
crisantemo.
-
ollo de galo
[BOT/PAT]
Enfermidade da planta do café producida polo fungo basidiomiceto Mycena citricolor, que produce defoliación.
-
ollo de galo
[PAT]
Calo que se produce nas dedas, de forma arredondada e cunha depresión no centro.
-
ollo de gato
[MINERAL]
ariedade de crisoberilo de cor verde amarelada, moi empregado en xoiaría. OBS: Tamén se denomina cimófano.
-
ollo de gato
[MINERAL]
ariedade de cuarzo con inclusións de asbestos, que lle dan un aspecto tornasolado.
-
ollo de peixe
[FÍS]
Obxectivo de campo superior ao do grande angular, próximo aos 180°.
-
ollo de sapo
[XEOL]
Formación xeolóxica metamórfica propia da Galicia central. Está composta por dous tipos de cristais; por un lado, cristais de gran fino con incrustacións de cuarcitas ou xistos, e por outro, fenocristais feldespáticos de facies fina.
-
ollo de tigre
[MINERAL]
ariedade de cuarzo de cor amarela dourada. Trátase dun mineral fibroso moi empregado en xoiaría.
-
ollo do ciclón
[METEOR]
Centro do ciclón tropical que se caracteriza por unha calma total, ceo despexado, aumento da temperatura e un mínimo barométrico. Esta situación contrasta fortemente co que sucede nos puntos máis extensos do ciclón, onde predominan ventos violentos, nubosidade abundante e chuvias fortes.
-
ollo do cu
[ANAT]
2 ano.
-
ollo máxico/catódico
[TECNOL]
Tubo electrónico especial destinado a ser empregado como indicador de sintonía nos receptores de radio con tubos.
Frases feitas
-
2 Mirar a alguén de xeito apaixonado.
-
2 Sen reflexionar. Ex: Se che ofrece o posto podes dicirlle que si cos ollos pechados.
-
3 Ollar con insistencia algo que se desexa.
-
A ollo. Sen comprobación experimental, sen datos ou indicios que acheguen unha fundamentación.
-
Abrir os ollos a alguén. Descubrir algo a alguén para que vexa a realidade e non siga enganado.
-
Abrir os ollos. Permanecer atento.
-
Botar o ollo. Amosar desexo ou interese por algo ou alguén.
-
Comer cos ollos 1 Ter máis apetito só pola boa presenza da comida.
-
Mal de ollo. Meigallo que se bota a alguén a través da mirada.
-
Non pechar /cerrar ollo. Non ser capaz de durmir.
-
Ter bo/mal ollo. Ter ou non boa intuición ou habilidade para algo determinado.
-
Ter de ollo (a alguén). Seguir os movementos de alguén para controlalo.
-
Ver polos ollos (de alguén). Seguir cegamente os consellos dunha persoa, sen facer caso dos demais.
-
Cos ollos pechados/fechados/cerrados 1 De xeito automático. Ex: Déixame a min que iso fágoo eu cos ollos pechados.
-
Encher o ollo. Agradar algo ou alguén a unha persoa.
-
Mirar/ver con bos/malos ollos. Considerar a alguén de manera positiva ou negativa. Ex: Sempre o mirou con bos ollos.