1 olmo

1 olmo

(

    1. s m [PLANTA]

      Árbore caducifolia, de ata 30 m de altura, que presenta a copa ampla, algo ovalada e cortiza de cor parda grisácea ou parda escura con fendas lonxitudinais entrelazadas. As follas son alternas, simples, ovadas, asimétricas na base e coas beiras dentadas. As flores son hermafroditas, pequenas, de cor verdosa e dispostas en glomérulos sobre as ramas dun ano. O froito é unha sámara monosperma, que madura antes de que aparezan as follas. Florece a finais do inverno, principalmente no bosque de ribeira. É orixinaria de Europa, N e O de Asia e N de América.

      Sinónimos: umeiro.
    2. olmo de montaña [Ulmus glabra, Fam das ulmáceas] [PLANTA]

      Árbore caducifolia, de ata 25 m de altura, que presenta cortiza rugosa. As follas son alternas, asimétricas na base, ovadas, coas beiras dobremente dentadas e pecíolo moi curto. As flores dispóñense en glomérulos densos e froito en sámara monosperma. Florece entre marzo e abril en lugares frescos e húmidos. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.800 m. É orixinario de Europa e Asia.

  1. s m

    Madeira desta árbore.