ombreiro
ombreiro
(< lat umeru)
-
s
m
[ANAT]
Rexión superior e lateral do corpo, situada a cada lado do pescozo, que inclúe a articulación escapoumeral. Está formada por tres ósos: a extremidade externa da clavícula, a parte superior da omoplata e o extremo do úmero, e polos músculos que os recobren.
Sinónimos: ombro. -
s
m
Parte dunha peza de roupa que cobre o ombro.
Ex: Levaba os ombreiros da chaqueta cheos de peluxe.
Sinónimos: ombro.