Omphalodes

Omphalodes
[PLANTA]

Xénero de plantas, da familia das boraxináceas, que presenta talos ramificados inferiormente, follas basais, alternas e lanceoladas, inflorescencias dispostas en cima terminal, con poucas flores, coa corola branco azulada e o froito en núcula co bordo dentado. En Galicia poden atoparse as especies O. nitida, que florece en primavera en zonas húmidas e O. littoralis gallaecica, que vive en dunas ou areais.

Palabras veciñas

omoplata | omorse | omotocia | Omphalodes | OMPI | Omre, Arthur | Omri