onagráceo -a

onagráceo -a

(< onagra + -áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás onagráceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das onagráceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das mirtais, que inclúe plantas herbáceas e perennes, algunhas acuáticas, de follas simples, flores regulares tetrámeras e froitos en cápsula, loculicida ou nuciforme. Aparecen en zonas temperadas e subtropicais e está composta por preto de 500 xéneros. En Galicia pódense atopar os xéneros Circaea, Ludwigia, Oenothera e Epilobium. OBS: Tamén se denominan enoteráceas.

Palabras veciñas

Oña, Pedro de | oñacino -na | onagra | onagráceo -a | onagro | Onán | onanismo